Sábado, 26 de maio. Partido de oitavos de final, Copa Base Categoría prebenxamín. Arealonga FS vs Colexio Amor de Dios "B". Resultado final: 0-4
Non puido ser; malia o grande traballo defensivo da primeira parte os nosos pequenos caeron ante un rival superior (as estatísticas dos colexiais daban medo, máis de cen goles marcados, só 20 en contra, segundos empatados a puntos e a vitorias co campión da Liga do grupo 5, campión fronte ao Chapela do torneo da Deputación de F-7 disputado en Arcade...). Agora os "colexiais" enfrontaranse en cuartos ao Chapela A, un duelo apaixonante.
E os nosos nenos, a gozar co Torneo que se iniciará o 23 de xuño no pavillón.
GRAZAS PEQUENOS, POR TODOS OS MOMENTOS DE EMOCIÓN QUE NOS OFRECESTES ESTA TEMPADA.